Friday 17 de May de 2024

Comeza a novena edición do Obradoiro de Emprego Tahúme


O alcalde de Ribeira, Luís Pérez, a concelleira de Emprego, Veva Betanzos e José Manuel Deán Pouso e Juan José Calo Miranda, concelleiros de Porto do Son, presentaron hoxe unha novena edición do Obradoiro de Emprego Tahúme na Casa da Cultura de Xuño.

A iniciativa é un programa mixto de emprego e formación dirixido a mellorar a ocupabilidadedas persoas desempregadas, subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e co-financiado polo Ministerio de Traballo e Economía Social, e promovido polo Concello de Ribeira xunto co Concello de Porto do Son.

As especialidades a impartir este ano son; Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería e Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes. O alcalde, Luís Pérez, destacou a importancia destes talleres “que ofrecen oportunidades de emprego real na nosa comunidade” e contribúen ao desenvolvemento económico. “O investimento neste tipo de programas non só beneficia aos participantes directos, senón que tamén deixa unha pegada positiva a longo prazo na contorna natural e social dos municipios” concluiu.